top of page

espazos e contorna

"A calma do campo,no campo da calma"

  • Albergue turístico rural

A Casiña conta cun total de 16 prazas, estructuradas en 4 habitacións totalmente equipadas. Tres de 4 prazas (2 liteiras en cada unha) e dúas de 2 prazas (cama dobre). Conta con zonas comúns (biblioteca, salón-galería e cociña-comedor), xardín e horta.

  • Cantina

O corazón do noso proxecto, os fogóns da nosa matriarca. O mellor xeito de expresión do amor e alimentación consciente. Da horta á mesa. Desfruta das nosas merendas de tempada baixo a sombra da nogueira. Amplo espazo para que as crianzas podan brincar. 

Polo momento aberta as persoas que se hospeden no albergue e a reservas.

  • Espazos multiusos

Contamos con varias zonas comúns que servirían para levar a cabo formacións, xuntanzas, festas...

Contacta connosco se te apetece probar a organizar algo na Casiña.

  • Horta e bosques

Espazos naturais e humanos que nos achegan ao agro e monte galego, con perspectivas integradoras. Ver e tocar a natureza para conectar e aprender sobre ela e nós mesmas.

  • Entorno

Nesta páxina da Mancomunidade Terra de Celanova podes atopar información sobre os concellos da noso entorno:

          http://www.terradecelanova.es/gl/

Estamos situadas nun entorno natural limítrofe coa Comarca de Ourense, polo que dende aquí é sinxelo achegarse a coñecela e desfrutar das súas termas, casco histórico,entroidos...

         http://turismodeourense.gal/gl/

E por último información interesante da nosa Provincia...

         http://turismourense.com/

bottom of page