top of page

a CASIÑA DA MARA

Bosque,agro e turismo

BENVIDAS Á CASIÑA DA MARA

“A casiña da Mara” nace coa idea de abrir as portas do noso fogar a todas as que queiran disfrutar do amor á terra. Creemos no traballo local, voltando e reinventando a vida no rural galego, para mudar a situación global, construíndo futuro verde, con ritmos e tempos naturais, non impostos.

A Casiña é o fogar da nosa familia dende 1948, xeracións de vivencias, coñecementos e experiencias están presentes en cada pedra. Está situada na localidade de Espiñoso, pertencente ó Concello de Cartelle, na provincia de Ourense. Un entorno rural e natural achegado o entorno urbán.

Somos unha familia disposta a extender o noso amor, as nosas experiencias, a horta, o monte e, como non, a nosa cociña. O noso traballo pretende implantar novos e dinámicos servizos no rural, potenciando a súa economía, facendo unha labor pedagóxica do agro e do monte, ensinando a aprender e escoitar a nosa terra.

Este é o noso proxecto, a nosa forma de berrarlle a este progreso antropocéntrico e construir futuro holístico, humanos-terra-monte-animais, creando espazos de respeto e apoio ao monte galego. Creemos que outra forma de medrar é posible, novas ou vellas  maneira de alimentarse, reatoparse coa nosa parte natural e convivir en armonía coa nai Terra.

bottom of page